Aberto ao público o Parque Infantil do Cristo, logo dunha reforma integral e a colocación dun novo bambán para persoas con diversidade funcional

Dende este xoves está aberto ao público o parque infantil do Cristo logo dunha reforma total do mesmo que abrangue a arranxo duns bambáns e substitución doutros, a retirada do chan de área e a colocación dun novo xogo adaptado a persoas con diversidade funcional,…

Aprazada a proxección da película ‘Hotel Transylvania 2’, programada para este xoves, 6 de xullo, na Praza de Antonio Palacios

A proxección da película ‘ Hotel Transylvania 2’, que estaba programada para este xoves, día 6 de xullo, ás 10 e media da noite, na Praza de Antonio Palacios, ven de quedar aprazada por mor das condicións climatolóxicas. Nuns días coñecerase a nova data fixada…

O luns 10 de xullo ábrese o prazo para a inscrición de comparsas en Porrigalia

O prazo para a inscrición de comparsas e asociacións culturais e veciñais, que deben de estar integradas por un mínimo de 10 compoñentes para optar aos premios por participación, estará aberto do luns 10 de xullo ata o martes día 18, de luns a venres…

Empezaron os Campamentos de Verán do Porriño

Dende este luns, día 3 de xullo, están en marcha os Campamentos de Verán organizados pola Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que fai posible que, ano tras ano sexan unha realidade. Os mesmos, que durarán seis semanas,…

Todo preparado para as Festas de San Benito, que se celebran os días 9, 10 e 11 deste mes de xullo

As Festas de San Benito, que se desenrolarán o vindeiro domingo, día 9 de xullo, luns, día 10 e martes, día 11, abranguen un completo programa de actuacións musicais e actos relixiosos, todo programado pola Comisión de Festas de San Benito, coa colaboración do Concello…

Colocados os primeiros paneis que explican os elementos culturais, arqueolóxico, históricos e naturais do Porriño

O concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, supervisou a colocación dos primeiros paneis explicativos que xa están diante de varios dos elementos culturais máis importantes do Porriño. Os sinais- de 85x100 cms- que foron sufragados con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra, están situados…