A PRIMEIRA SAN SILVESTRE DO PORRIÑO SUPERARÁ OS 700 PARTICIPANTES. Dende o venres comeza a entrega de dorsais

    A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil…

Diversos eventos da programación de Nadal para esta fin de semana

O Concello do Porriño anuncia diversos eventos da programación de Nadal que terán lugar a partires do venres 27 e durante a  fin de semana. Ademáis do Mercado de Nadal que finalmente vaise celebrar sábado e domingo na rúa peonil -do que xa informamos noutra…

Por fin haberá Mercado de Nadal

Despois de dous aprazamentos causados polas borrascas destas últimas semanas, a Concellería de Festexos informa que haberá Mercado de Nadal que terá lugar o vindeiros días sábado 28 e domingo 29. Celebraráse na rúa peonil en horario de 11 horas a 20 horas, para os…

Suspendido o Mercado de Nadal tanto hoxe sábado como mañá domingo pola situación meteorolóxica. Tamén cancelaronse os dous obradoiros infantís.

O Mercado de Nadal ten que suspenderse por segunda fin de semana consecutiva debido a tren de borrascas e as malísimas consicións meteorolóxicas. A Concelleira de Cultura, Cami Moreira ven de informar que o Mercado de Nadal non se celebrará nin hoxe nin mañá domingo…

Entrega de diplomas do curso “Tecendo lazos”

Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa "Tecendo lazos". En concreto do curso de "Manualidades de Moldeado e…

A Escola Municipal de Música do Porriño celebrou o Festival de Nadal

O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festexos acudiron en representación do Goberno Municipal ó Festival de Nadal da Escola Municipal de Música de O Porriño. Celebrouse onte no Círculo Recreativo Cultural coas actuacións de sete agrupacións que…