O Concello decide precintar parques infantís, suspender o mercado ambulante, controlar aforos na Praza de Abastos e competicións deportivas sen público

A Alcaldía comunica que compre adoptar una serie de medidas complementarias no ámbito municipal á vista do crecemento dos contaxios por covid-19 que motivaron que dende hoxe, O Porriño estea en alerta vermella. O Porriño cun total de 26 contaxios activos, entrou en nivel 3…

Obradoiros de vimbios: comezarán o vindeiro sábado 10 e requiren inscrición previa

  A Concellería de Cultura anuncia a celebración de obradoiros de vimbios que impartirá Julia de la Cal. Comezarán a partir do vindeiro sábado 10, en varias quendas e con 10 persoas en cada unha delas. Impartiránse no Centro Cultural Municipal.   Máis información na páxina…

Novo horario da Sala de Estudo Municipal que tamén abrirá de tarde

  A Sala de Estudo Municipal, habilitada no Centro Cívico, vén de ampliar o seu horario de apertura: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h., de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria oportunas pola COVID-19, segundo anunciou hoxe…

O Porriño celebrou a XXVII Festa dos Callos

Preto de trinta establecementos do Porriño participaron na 27ª edición da Festa dos Callos que se celebrou este domingo. Segundo acordaron establecementos e organizadores, cun novo prezo único, de 6 euros que incluía ración de callos, pan e a cazola conmemorativa.   As limitacións impostas…

Festas do Cristo: Cambio de emprazamento do espectáculo de danza de Anxela Blanco que pasará ao Centro Cultural Municipal

A Concellería de Cultura e Festexos informa dun cambio de emprazamento do espectáculo de danza de Anxela Blanco que está previsto para este sábado 3 de outubro. Non se celebrará na Praza do Cristo senón que terá lugar no Centro Cultural Municipal, á vista das…

As Festas do Cristo ofrecen o espectáculo “Ópera Break’s” coa mestura das actuacións da soprano Esperanza Mara e artistas urbanos

Hoxe luns 28, festivo local no Porriño, a programación das Festas do Cristo ofrecerá un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s. O espectáculo que comezará ás 18 h. na praza do Concello, cun aforo reducido,…