O luns recuperarase a atención presencial nas oficinas do Concello, sen cita previa, agás en Servizos Sociais

  A partires do vindeiro luns 2 de agosto, as oficinas do Concello do Porriño recuperarán a atención presencial en todas as dependencias agás no departamento de Servizos Sociais. Nas oficinas de Servizos Sociais manterase un control de aforamento e requirira cita previa para atención,…

Convocada Comisión Municipal de Seguimento da Covid para este venres 30

A alcaldesa Eva García convocou reunión da Comisión Municipal de Seguimento da Covid que vai ter lugar este venres 30, ás 12 horas, de xeito `presencial, no Concello. Na devandita Comisión participan todos os grupos políticos da corporación porriñesa.  A convocatoria responde ao anuncio realizado…

A corporación aprobou por unanimidade o gasto de máis de 700.000€ en asfaltados e saneamentos; duplicar a achega ao Festival de Cans e retomar a atención presencial no Concello

A corporación municipal do Porriño aprobou por unanimidade dispoñer o gasto de 729.478 euros para obras de asfaltado e saneamento de vías municipais, segundo acordou o pleno ordinario de xullo celebrado onte. Trátase da primeira fase dun plan de actuación plurianual máis ambicioso valorado en…

O Porriño entrará en restricións de nivel alto a partires do sábado 31

  O Conselleiro de Sanidade ven de anunciar este mediodía as novas restricións por concellos decididas pola Xunta de Galicia que entrarán en vigor ás 00:00 do vindeiro sábado 31 de xullo. O aumento de contaxios e da taxa de incidencia ocorrida no Porriño na…

A Alcaldesa anuncia que pedirá a colaboración de todos os grupos municipais para elaborar un plan de redución das emisións á atmosfera

O Concello do Porriño xa dispón dunha achega de 10.900 euros, con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea, para a redacción dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable, coñecido como "PACES". O propósito é elaborar un plan de medidas que…

Duascentas persoas foron atendidas na primeira semana de funcionamento da oficina de información á veciñanza sobre a actualización de parcelas

Duascentas persoas, a unha media de 40 por día, foron atendidas na primeira semana de funcionamento da oficina de información á veciñanza sobre a actualización de parcelas feita polo Catastro e que afecta a 17.400 propiedades. Hai que ter en conta que dende a última…