Esta tarde haberá tres comisións informativas previas ao pleno extraordinario do mércores 15

Para esta tarde convocáronse tres comisións municipais que informarán de diversos asuntos que poderían estar na orde do día do pleno extraordinario que se celebrará pasadomañá mércores 15. Os órganos convocados son a Comisión Especial de Contas; a Comisión de Economía e, finalmente, a Comisión…

“Necesitamos socializar” reclamou a concelleira Cami Moreira na presentación das Festas do Cristo 2021

As Festas do Cristo, os festexos principais do Porriño, comezan esta noite coa celebración da carreira ciclista "A Nocturna" e a partir do sábado e o domingo coa feira de oportunidades "Merca na rúa". E concluirán o domingo, 3 de outubro, coa celebración da XXVIII…

A alcaldesa explica a súa oposición a Mos e Augas de Galicia que esixen máis fluxo para a cidade deportiva do R.C. Celta

Eva Garcia de la Torre, alcaldesa do Porriño e presidenta do Consorcio Augas do Louro opúxose hoxe á petición do Concello de Mos, apoiada por Augas de Galicia, que demanda máis caudal de auga para abastecer a cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo,…

Comezou o proceso de valoración das 6 plicas presentadas para o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez

  Este mediodía reuniuse a mesa de contratación que decidirá o proceso de licitación e adxudicación do proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez, no barrio de San Bieito. Media ducia de empresas presentaron as ofertas que agora serán valoradas polos técnicos municipais. No prazo…

A alcaldesa recibiu á ciclista Ana María González Cuña, campioa de España de BTT XCM

A alcaldesa, Eva García recibiu e felicitou a ciclista porriñesa Ana María González Cuña, do Mitto X-Sauce Team, que se proclamou campioa de España BTT XCM da categoría Master 40B feminina o pasado 29 de agosto en Lalín. Anteriormente xa fora subcampioa de España (2018…

Este xoves comezan as actividades de dinamización da lectura, organizadas pola Biblioteca Municipal

  A Biblioteca Municipal do Porriño organiza neste mes de setembro dúas actividades para o Club de Lectura, dentro do programa “Ler conta moito”, en colaboración coa Xunta de Galicia. A primeira actividade será este xoves día 9, a partir das 19 horas, a cargo…