O Consorcio de Augas do Louro elimina a taxa fixa anual de 46 euros polo baleirado de fosas sépticas

  Pouco máis de cinco meses dende que o Consorcio de Augas do Louro rebaixara o prezo polo baleirado de fosas sépticas e no Concello do Porriño, chega agora outra boa nova para a poboación dos concellos do Porriño, Mos, Salceda de Caselas e Tui.…

Alejandro Lorenzo coñece as capacidades tecnolóxicas de AIMEN e a súa activa participación en proxectos de I+D+i

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Industria, Rosario Costas, visitou esta mañá o Centro Tecnolóxico AIMEN co obxectivo de coñecer as capacidades tecnolóxicas e proxectos máis destacados que está a desenvolver o centro na actualidade. Ambos mantiveron unha reunión co presidente…

Juan Carlos Giráldez, un exemplo de empatía e loita

A silicose volve a cobrarse a vida dun dos nosos. Esta fin de semana Juan Carlos Giráldez, presidente da Asociación de Afectados por Silicose Osilice Galicia deixábanos a causa desta enfermidade que nos arrebatou a tantas persoas no Porriño.   Carlos, de 54 anos de…

O Consorcio de Augas do Louro aproba un crédito extraordinario de preto de 2 M de euros para obras de saneamento e abastecemento

O Consorcio de Augas do Louro, que preside Alejandro Lorenzo, vén de aprobar unha modificación orzamentaria para acometer inversións de carácter urxente por un importe total de 1.890.000 euros. O Comité Directivo aprobou este crédito extraordinario, financiado co remanente líquido de tesourería para gastos xerais,…

O Encontro de Rondallas do Porriño reunirá a 10 agrupacións o vindeiro domingo

As rondallas volven ser as protagonistas do Nadal porriñés. O vindeiro domingo 8 de xaneiro a vila do Louro acollerá o tradicional Encontro de Rondallas do Porriño, no que se darán cita dez agrupacións. Participarán a Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar),…

Ceamsa doa 150 lotes de Nadal a SOS Porriño

A empresa Ceamsa (Compañía Española de Algas Marinas SA) vén de doar 150 lotes de produtos de Nadal ao Concello do Porriño destinados ao servizo municipal de alimentos SOS Porriño. O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Servizos Sociais, Abel Estévez, recepcionaron hoxe os…