
Pleno do Concello do Porriño este xoves, día 9 de novembro, ás 6 da tarde
O Pleno do Concello correspondente ao mes de novembro celebrarase este xoves, día 9, ás 6 da tarde, e non ás 7 como figura na orde do día. Os voceiros dos grupos municipais acordaron, nunha xuntanza que tivo lugar este mércores a última hora, adiantar…

O Concello acomete unha das obras máis importantes deste mandato:a conexión á rede de saneamento de 16 vivendas e a apertura dun novo camiño no barrio de Igrexa, na parroquia de Pontellas
Coa apertura dun novo camiño e a conexión de 16 vivendas á rede municipal de saneamento, no barrio de Igrexa, en Pontellas, o Goberno local acomete un dos traballos máis importantes do actual mandato municipal. Como subliña Manuel Carrera, concelleiro de Vías e Obras, “este…

A Biblioteca Municipal do Porriño organiza este venres, día 10 o obradoiro “Salvar a terra dos incendios está nas nosas mans”
Este mes de novembro é o “Mes da ciencia”, e na Biblioteca Municipal do Porriño o celebran convocando un obradoiro de divulgación científica para público infantil, cun tema de enorme importancia e de moita actualidade: os incendios. “Salvar a terra dos incendios está nas nosas…

A presidenta da Deputación, acompañada pola alcaldesa, Eva García de la Torre, inaugura as melloras do Campo de Fútbol do Carballo, en Atios
A presidenta da Deputación, acompañada polo deputado de Cooperación, David Regades, e pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, asistiu esta mañá á inauguración das novas obras do Campo de Fútbol do Carballo, instalacións empregadas polo…

O Porriño volve a liderar a creación de emprego na Área Metropolitana e a finais de outubro había traballando 500 veciños e veciñas máis que cando o actual Goberno local chegou ao Concello
O Porriño liderou en outubro, xunto con Salceda de Caselas, a creación de emprego na Área Metropolitana de Vigo, como xa pasara no me de setembro. A finais do mes pasado había na vila 1.642 persoas desempregadas, unha realidade inaudita no Porriño dende hai preto…

A alcaldesa entregou na Aula CeMIT do Porriño os diplomas ás veciñas e veciños que adquiriron coñecementos en OpenCart, deseño con Qcad, edición ou creación de páxinas web con WordPress
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Benestar, Igualdade e Emprego, Soledad Girón, fixo entrega este xoves na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Rede CeMIT, do Porrriño, dos diplomas aos alumnos a alumnas…