A Corporación do Porriño convoca unha concentración ás 12 horas en contra do terrorismo e en apoio ás vítimas dos atentados de Barcelona e Cambrils

A Corporación Municipal do Porriño invita ás veciñas e veciños a participar este venres, día 18 de agosto, ás 12:00 h. nunha concentración, diante do Concello, na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, para amosar o seu rexeitamento do terrorismo e dar o seu apoio ás…

A concelleira de Benestar pecha os Campamentos de Verán do Porriño nos que participaron, dende o mes de xullo, 40 nenas e nenos cada semana

A concelleira de Benestar, Soledad Girón, pechou, coa entrega de diplomas ás cativas e cativos participantes, os Campamentos de Verán do Porriño, que o Concello organizara dende o pasado 3 de xullo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Como subliñou a concelleira, o obxectivo destes…

Festas de San Roque, en Torneiros dende este martes, 15 de agosto

Dende este martes, día 15, seguindo o mércores, 16, e o xoves, día 17 de agosto, Torneiros celebra as Festas en honra de San Roque.

Empeza a substitución das papeleiras no Porriño, colocaranse cinceiros e ‘pipi-cans’ e aplicarase, de xeito rigoroso, a Ordenanza de Convivencia Cidadá

A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar a colocación das novas papeleiras en distintas partes do casco urbano do Porriño no que é o inicio dun proceso que abranguera todas as parroquias e que seguirá nas vindeiras semanas. As novas papeleiras,…

Este martes, día 15 de agosto, non hai Mercadiño no Porriño

Este martes, día 15 de agosto, coincidindo co día festivo, non haberá o habitual mercadiño do Porriño, como informa o concelleiro Orlando Márquez.