Unha unidade da Axencia de Doazon de Sangue estará no Porriño o xoves, día 28 e o venres, 29 de xuño

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles…

Ainda hai prazas para a ‘2ª Andaina dos Sentidos’ que, finalmente, será o vindeiro domingo 1 de xullo

A ‘2ª Andaina dos Sentidos’, programada para o pasado día 10 de xuño e que finalmente tivera que ser aprazada por mor do mal tempo, xa ten nova data: será o vindeiro domingo 1 de xullo. Hai que lembrar que a mesma forma parte do…

O Goberno local, xunto coa Asociacion de Hostaleiros e a de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), pon en marcha unha campaña para a organización do ‘I Pinchoneno’, aprobado polo Pleno Infantil

O Concello do Porriño  está a traballar na iniciativa de participación infantil e adolescente, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de ‘Cidade Amiga da Infancia’, de UNICEF, que trata  de facer un concello máis transparente e próximo, pero sobre todo pretende coñecer as opinións,…

A alcaldesa pide unha “xuntanza urxente” ao novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, para tratar, con todos os voceiros municipais, a eliminación do paso do tren polo centro do Porriño

A alcaldesa vén de remitir unha carta ao novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, na que solicita unha xuntanza dos voceiros da Corporación con él coa finalidade de tratar a supresión do paso do tren polo centro da vila. Na carta a alcaldesa subliña…

Empezan as obras para levar a rede municipal de abastecemento a todas as vivendas do Contrasto, en Torneiros, sufragadas polo Concello cun investimento de 350.000€

Preto de 350.000€, que son sufragados na súa totalidade polo Concello, son os que se investirán en levar a rede municipal de abastecemento de auga ao barrio do Contrasto, en Torneiros. As obras, que se axustan exactamente ás instrucións da Dirección Xeral de Saúde Pública,…

A alcaldesa presentará unha querela, por un delito de calumnias, contra ‘La Voz de Galicia’ e o xornalista autor dunha información na que afirma que o Goberno local contratou a unha persoa ‘a dedo’

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, presentará unha querela por un delito de calumnias contra o diario ‘La Voz de Galicia’ e o xornalista autor da información publicada no mesmo ,este sábado día 9 de xuño, que ten coma titular “El gobierno…