A alcaldesa cesa de todos os seus cargos dentro do Goberno Local ao tenente de alcalde, Manuel Carrera, e ao concelleiro Marcelino Coto

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de cesar dos seus cargos dentro do Goberno local ao tenente de alcalde de concelleiro de Vías e Obras e Deportes, Manuel Carrera, e ao concelleiro de Urbanismo, Industria, Comercio e Medio Ambiente, Marcelino Coto.…

O grupo ‘Viogen’ da Policía Local, integrado por 3 axentes formados en Violencia de Xénero, Psicoloxía, Dereito ou Criminoloxía, actuou o ano pasado en seis casos de violencia machista

O grupo ‘VIOGEN’ da Policía Local do Porriño actuou o ano pasado en seis casos de violencia machista semellantes ao que se produciu hai uns días na parroquia de Cans. Este grupo, formado por tres axentes, ao mando de Daniel Rodríguez, xefe da Policía Local,…

@depo_es propón sete accións formativas no punto ‘SmartPeme’ do Porriño

As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra no Porriño acollerán durante o mes de febreiro un total de 7 accións formativas no Multicentro Muncipal de Torneiros. As mesmas teñen coma obxectivo  a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario…

En marcha, por terceiro ano consecutivo, o programa de emprego ‘Porriño Accede’, dirixido a veciñas e veciños en situación de desemprego

A Concellería de Emprego e Formación, dirixida por Soledad Girón, pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, o programa de emprego "Porriño Accede", dirixido a veciñas e veciños do Porriño en situación de desemprego. ‘Porriño Accede’ ten como obxectivo mellorar as posibilidades de atopar un…

Xuntanza de Concello e Zona Franca para tratar da ampliación de superficies industriais, o espazo para a gardería na Granxa e a radicación da Aula da UNED no Porriño, no CIE, propiedade do Consorcio

XEste mércores a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, mantiveron unha xuntanza coa directora de Promoción Económica da Zona Franca de Vigo, Rosa Eguizábal, e técnicos do Concello e da propia Zona Franca, para analizar as…

As últimas análises realizadas na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento no Contrasto sinalan, de novo, que a auga é apta para o consumo e pode empezar o ‘enganche’ á mesma de 83 vivendas

As últimas análise realizadas por el Consorcio de Augas do Louro na prolongación da Rede Municipal de Abastecemento rematada hai unhas semanas no Contrasto, sinalan, de novo, que a auga é apta para o consumo. Estas analíticas- realizadas entre os días 8 e 21 de…