SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS POLA BORRASCA “FABIEN”

O Servizo de Deportes do Concello do Porriño informa o seguinte: Co gallo das suspensións de actividades deportivas decretadas por diversas federación autonómicas, mañán sábado, o Polideportivo Municipal permanecerá pechado. Tan só abrirá para as competicións de carácter nacional, en horario de tarde. Agás nova…

Entrega de diplomas do curso “Tecendo lazos”

Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa "Tecendo lazos". En concreto do curso de "Manualidades de Moldeado e…

A Escola Municipal de Música do Porriño celebrou o Festival de Nadal

O primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festexos acudiron en representación do Goberno Municipal ó Festival de Nadal da Escola Municipal de Música de O Porriño. Celebrouse onte no Círculo Recreativo Cultural coas actuacións de sete agrupacións que…

Un Bando da Alcaldía informa dos horarios vixentes para o sector de hostalaría nas Festas do Nadal

Un bando da Alcaldía do Porriño comunica os horarios de peche dos establecementos do sector da hostalaria e espectáculos que estarán vixentes no concello durante as vindeiras festas de Nadal. No bando que adxuntamos indicanse os horarios de peche. Lembramos que son os seguintes: Salas…

Ainda está aberta a inscrición para a primeira carreira popular “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”

O vindeiro 30 de decembro, como preludio á celebración da xa tradicional Festa nocturna de Pre-Fin de Ano, O Porriño acollerá a primeira edición da “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”. Está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode…

Pleno municipal meteórico en apenas 5 minutos

Apenas cinco minutos durou a sesión plenaria extraordinaria celebrada onte á noite pola corporación municipal de O Porriño. Nese intre a alcaldesa Eva Garcia tivo tempo para disculparse públicamente co voceiro municipal do PP polo acontecido no anterior pleno da corporación. E ademáis, debatiuse e…