Aclaración sobre o proceso selectivo para cubrir 3 prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello

A Concellería de Persoal quere aclarar que as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir interinamente 3 prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, NON DEBEN PRESENTAR AÍNDA AS SÚAS SOLICITUDES ANTE O CONCELLO. Ás persoas que xa fixeron esa presentación DEBERÁN REPETIR…

25 camioneiros multados pola Policía Local por incumprir a ordenanza que prohíbe o tráfico pesado no casco urbano

O concelleiro de Tráfico, Sergio Casal explicou que as multas a 25 camións formuladas pola Policía Local na noite do luns 3 ao martes 4, na zona das Sequeiras, "responde ás repetidas queixas veciñais que demandaban que o Concello dera cumprimento á ordenanza municipal que…

36 multas da Policía Local durante xullo por conducir baixo os efectos do alcohol, drogas ou sen carné

A Policía Local do Porriño fixo balanzo de actuacións en materia de seguridade vial no mes de xullo que arroxa 36 multas por conducir baixo os efectos do alcohol, drogas ou co carné caducado. En 22 casos formularon multas por infracción administrativa por alcoholemias positivas.…

O IGE confirma que O Porriño é un dos concellos que máis medra en poboación

O Porriño mantense entre os cinco concellos de toda Galicia con saldo vexetativo positivo ao rexistrar máis nacementos ca mortes, segundo volveu acreditar o Instituto Galego de Estadística (IGE). O Porriño pechou 2019 con 39 nacementos máis ca defuncións como ven de recoller o estudo…

Nove comunidades de augas acadaron subvencións do Concello por un importe global de máis de 52.000 €

Nove comunidades de augas de consumo acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.As nove comunidades de augas beneficiadas son: Cerquido; Rozadas-Eirís; Atios; Torneiros; San Jorge-Mosende; Chenlo; Carracido; Budiño-Cruz e…

A Policía Local formulou 100 denuncias en catro horas, por non facer uso das máscaras de protección

Un total de 100 denuncias por non facer uso das máscaras de protección formularon axentes da Policía Local do Porriño mediante un operativo de catro horas despregado onte á tarde, en todas as entradas e saídas por estrada do termo municipal. No transcurso do operativo,…