A parroquia de San Xoán de Chenlo é a que se atopa máis elevada e a maior distancia do centro urbano. Esténdese ao longo das faldras do Monte Castro, na Serra do Galiñeiro.
Parece ser que foi fundada preto do Castelo de Chein, construído no século XIV e actualmente desaparecido. Noutrora foi sede do arciprestado da Louriña. Chenlo é quizais a parroquia do Porriño onde a natureza se atopa en estado máis virxe, e está conformada por fragas e campos que salvan os fortes desniveis de terreo. As vistas do Val da Louriña dende esta parroquia son espectaculares. |
|
Un dos recunchos máis fermosos da parroquia atópase nas Filgueiras. Nun contorno de gran beleza e interese natural encóntrase un conxunto de sete muíños de auga rehabilitados, que amosan diferentes tipoloxías arquitectónicas. | |
De Chenlo tamén destacan as súas vinte e dúas cruces de pedra distribuídas por toda a parroquia, entre os que destacan as da Ladeira e a Escusa, así como o peto de ánimas de Canadelo. | |
A igrexa parroquial foi edificada no ano 1775 e reconstruída en 1942.Trátase dun pequeno pero fermoso edificio con fermosas vistas do val, xunto ao que se ergue a casa reitoral. | |
En 1924, Chenlo constituíuse como entidade local menor, unha das nove que existen en Galicia na actualidade.Conta cun alcalde-pedáneo elixido nas urnas cada catro anos, coincidindo coas eleccións municipais.
A entidade local menor ten unha pequena sede con biblioteca pública. |
|
Barrios: As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, Filgueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, Penedo, O Pomariño, Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal e Vilar. | |
Advocación: San Xoán | |
Festas populares: San Xoán, 24 de xuño. Neno Xesús, terceiro domingo de agosto. lnmaculada Concepción, 8 de decembro. |