
#HoradoPlaneta O Porriño apagará a iluminación do Concello de 8 e media a 9 e media da noite sumándose á Hora do Planeta para denunciar os efectos do cambio climático
Moitos lugares do globo súmanse este sábado á ‘Hora do Planeta’ (Earth Hour), impulsada polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) na que o ano pasado participaron milleiros de cidades de 187 países do mundo que apagaron máis de 12.000 monumentos e edificios icónicos para…

O Concello celebra o ‘Día Internacional da Auga’ distribuindo 3.000 exemplares dun manual de bos usos da mesna co titulo ‘No Porriño amamos a auga’
No marco do Día Internacional da Auga, o Concello do Porriño vén de entregar 3.000 exemplares dun manual de bos usos co título ‘No Porriño amamos a auga’, que distribuíuse en establecementos comerciais e centros de ensino da vila. O obxectivo desta iniciativa é acadar…

A alcaldesa e a concelleira de Educación reúnense coas voceiros e voceiras dos centros de ensino do Porriño para preparar o Pleno infantil
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Educación, Lourdes Moure, reuníronse este xoves cos voceiros e voceiras de cada un dos centros de ensino, para preparar un novo pleno infantil. O Concello do Porriño continúa así co proceso iniciado o pasado…

@depo_es e @PorrinoConcello apostan pola formación e a iniciativa por medio de ‘DepoEmprende II’
A deputada provincial delegada de Emprego, Montserrat Magallanes, e a concelleira de Emprego, Benestar e Igualdade do Porriño, Soledad Girón,asistiron no Multiusos de Torneiros, á charla ‘Talento emprendedor’, que forma parte do proxecto ‘DepoEMPRENDEII’, impulsado pola Deputación de Pontevedra. ‘DepoEmprende II’ ten coma finalidade…

O Concello e Viza Automoción colaboran para a formación dun grupo de mulleres de cara á sua incorporación a esta compañía
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Emprego, Benestar e Igualdade, Soledad Girón, visitaron a planta de Viza Automoción, radicada no Polígono de As Gándaras, logo do acordo acadado para a formación, por parte de Viza, dun grupo de…

O Goberno local contribuirá á conservación e estudo do “excepcional” achádego dunha fortificación romana de 1.200 anos de antigüidade no Faro de Budiño
Os romanos levantaron unha fortaleza defensiva de varias hectáreas no Faro de Budiño un lugar no que, ademais, había un asentamento romano construído, posiblemente, hai uns 1.200 anos. Estas son algunhas das conclusións ás que apuntan os estudos dos arqueólogos Francisco Alonso, Oria Ferreiro, Mario…