O Porriño, escenario do ‘6º Festival de Bandas de Música de Escolas’

O Círculo Recreativo e Cultural do Porriño será o escenario do ‘6º Festival de Bandas de Música de Escolas’, que terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de xuño, ás 8 e media da tarde. No mesmo participarán, conxuntamente, cun programa de Bandas Sonoras de…

Dende este venres, día 8, mes do teatro no Centro Cultural Municipal dentro do ‘Circuito Galego de Teatro Amador 2018’

Dende este venres día 8 de xuño, e dentro do ‘Circuíto Galego de Teatro Amador 2018’, da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), o Centro Cultural Municipal do Porriño acollerá cinco representacións ao logo de todo este mes, con entrada de balde ata completar aforo.…

O Porriño, sede da 10ª edición do ‘Torneo Catro Nacións de Balonmano Feminino’ que terá lugar esta fin de semana entre Cataluña, Euskadi, Guinea e Galicia

A décima edición Torneo IV Nacións feminino celebrarase a vindeira fin de semana, días 9 e 10 de xuño, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Guinea. Ademais, o venres, día 8, ás 8 da tarde, celebrarase un…

O Goberno de Galicia xunto co Concello do Porriño, presentarán a candidatura ao proxecto ‘Life’ da Unión Europea para o tratamento integral, estudo e seguimento dos terreos contaminados por lindano

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do Goberno de Galicia, xunto co Concello do Porriño presentarán a candidatura ao proxecto ‘LIFE- Phytomanagement of peri-urban soils contaminated by lindane residues’ (‘Fitomanexo de chans periurbanos contaminados con residuos de lindano’), da Unión Europea. O…

Os plans impulsados polo Concello fan que O Porriño liderase en maio a cración de emprego na Área Metropolitana: a finais do mes pasado traballaban na vila 643 persoas máis que cando chegou o actual Goberno local

Por segundo mes consecutivo, O Porriño liderou, xunto con Vigo, a creación de emprego na Área Metropolitana. A finais do mes pasado había na vila 1.496 persoas sen traballo,104 menos que a 30 de abril, no que se rexistraron 1.600. Dacordo cos datos publicados este…

O Campo do Lourambal será escenario, dende o vindeiro día 18, do ‘3º Curso de Monitor de Fútbol Base’, organizado pola Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello do Porriño

O Campo do Porriño Industrial, Lourambal, será o lugar elixido pola Federación Galega de Fútbol para o desenrolo do 3ºCurso de Monitor de Fútbol Base, que empezará o vindeiro día 18 de xuño, e que cunha duración de 65 horas habilitará aos asistentes para adestrar…