O Servizo de Intervención Municipal anuncia 10 días hábiles adicionais para correccións das solicitudes para o plan de axudas ao comercio e á hostalería

  A páxina web do Concello publica hoxe un documento de corrección de erros para que se corrixan algunhas das solicitudes presentadas para o Plan "Impulsa Porriño" de axudas ao comercio e á hostalería. O mesmo documento de corrección de erros publicouse hoxe no Boletín…

A Xunta de Galicia xustifica pasar ao Porriño ao nivel medio de restricións pola detección de novos infectados

A Consellería de Sanidade explicou que a decisión, adoptada xunto co comité clínico asesor, de pasar ao concello do Porriño a un nivel medio de restricións débese á detección de novos infectados coa ocasión do recente cribado feito. Na roda de prensa ofrecida hoxe polo…

Presentación da “Challenge Rías Baixas” de ciclismo

O ciclismo da bisbarra volverá ás estradas cunha competición como a “Challenge Rías Baixas” que neste ano 2021 vai cumprir a súa quinta edición, coa organización do club “Master da Louriña”. A proba terá lugar na fin de semana do 8 e 9 de maio,…

Convocado pleno municipal ordinario de abril para este mércores 28

Esta mañá comunicouse aos grupos políticos da corporación, a convocatoria do pleno municipal ordinario de abril que terá lugar este mércores 28, a partir das 18 horas. Entre os asuntos máis salientables figura a moción que traslada o grupo municipal de EU SON para un plan…

O prazo para presentar solicitudes ás subvencións municipais para as comunidades de augas de consumo do Porriño rematará o vindeiro 3 de maio

O Concello do Porriño informa de que o prazo para presentar as solicitudes para beneficiarse das subvencións municipais ás comunidades de auga potable, que este ano 2021 teñen un importe total de 95.000 €, rematará o vindeiro luns 3 de maio. A convocatoria, a través…

O director da película “Hamada” participará no coloquio posterior á proxección con representantes do pobo saharui

A Concellería de Cultura programou para mañá sábado 24, coa ocasión de finalizar a exposición “Texturas dunha guerra invisible” no Centro Cultural Municipal, un acto de clausura. Consistirá na proxección, en colaboración co Festival de Cans, da película “Hamada”, de Eloy Domínguez Serén. O propio…