Mantense o mercado ambulante do 6 de decembro

A concellería de Comercio e Mercado, que dirixe Antía Carrera, informa de que mañá martes 6 de decembro celebrarase no Porriño a feira ambulante. Pese a ser festivo mantense a celebración do mercadiño na ubicación habitual.

Unha nova liña subterránea alimentará o polígono industrial de as Gándaras

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, visitou hoxe a subestación de Atios na que a distribuidora eléctrica de Naturgy vén de invertir preto de 350.000 euros para a construción dunha nova liña de de saída de media tensión…

Buscamos o mellor escaparate de Nadal do Porriño

O Concello do Porriño, a través da concellería de Comercio que dirixe Antía Carrera, convoca o seu primeiro concurso de escaparates de Nadal dirixido ao comercio e hostelería local. “Somos conscientes do emotivas que son estas datas, e queremos poñer en valor o traballo e…

O mercado ambulante mantense o 1 de novembro

O próximo 1 de novembro celebrarase no Porriño a feira ambulante. A pesar de ser festivo, mantense a celebración do mercadiño na nova ubicación. Os postos estarán instalados na rúa Leandro Diz, dende o cruce con Manuel Rodríguez ata o cruce con Xogo da Ola,…

A Xunta executará ou activará 15,7 M€ en investimentos no que resta deste ano no Porriño

Os delegados territoriais da Xunta en Vigo e Pontevedra, Marta Fernández-Tapias e Luis López, anunciaron este mediodía que o Goberno galego executará ou activará investimentos por 15,7 millóns de euros no que resta do presente ano no Concello do Porriño, segundo se analizou na primeira sesión…

Continúa en Xylazel a rolda de encontros coas empresas para responder ás necesidades do tecido industrial

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Antía Carrera, visitaron hoxe a fábrica de Xylazel no Porriño dentro da rolda de encontros que están a manter coas empresas do municipio. A empresa, fundada en 1975 por Zeltia,  foi…