Volve a Feira do Libro ao Porriño

Este venres, ás 11,30 horas e nas instalacións da Biblioteca Municipal, terá lugar a presentación da V Feira do Libro do Porriño, un evento cultural que volve ás rúas da nosa vila despois dun ano de parón forzoso pola pandemia. Representantes da Federación de Libreiros…

As visitas guiadas teatralizadas retoman os actos do “Ano Antonio Palacios” en lembranza do excepcional arquitecto porriñés

O Concello do Porriño anuncia o comezo das visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés. Levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto…

Comeza en Mosende o “Ciclo de Música Medieval en Camiño”

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, vai desenvolver un ciclo de concertos de música medieval a realizárense nas igrexas e capelas das parroquias e barrios do termo municipal. A serie de concertos, titulados “Ciclo de Música Medieval en Camiño”, comezará o…

A Concellería de Cultura ofrece o préstamo do piano de cola do Centro Cultural Municipal

O Concello do Porriño, dende a Concellería de Cultura, ofrece un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical. Os interesados deberán acreditar: Un mínimo de…

Celebración en Atios do Día das Letras Galegas 2021

  O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, colabora coa parroquia de Atios nos actos de celebración do Día das Letras Galegas 2021.   O departamento que dirixe Cami Moreira informa que colabora coa Asociación Cultural “Os Penediños” de…

O Concello continúa coa celebración das Letras Galegas coa exposición “Poesía do retrato”

  Despois de que a mocidade do IES Ribeira do Louro, fixera o proxecto plástico das lonas que están expostas no Centro Cultural Municipal e no Concello, desde o 6 deste mes podemos gozar dos poemas de Xela Arias e retratos do fotógrafo Xulio Gil…