Nenos e nenas do Porriño descubren o mundo do cinema no Festival de Cans
A rapazada do Porriño aprende as profesións dos cineastas da man de mulleres relevantes na sección “Cans do Futuro” do Festival.
Rosalía Fernández Rial gaña o VII Premio Vidal Bolaño 2024 pola súa obra “Fóra de campo”
O venres 24 de maio celebrarase, ás 19 h no IES Ribeira do Louro, a gala de entrega do premio organizado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia
A nova sala de exposicións Antonio Palacios será pronto unha realidade
Contará cunha mostra permanente de materiais inéditos e descoñecidos do arquitecto Antonio Palacios
Concerto do grupo De Vacas no Porriño no Día das Letras Galegas
A praza do Arquitecto Antonio Palacios albergou a actuación do grupo compostelano o 17 de maio co espectáculo "REBOVINA DIVAS LIVE".
O Porriño presenta unha práctica Guía de Linguaxe Administrativa no Día das Letras Galegas
A celebración da lingua e cultura galegas inclúe tamén unha carpa monumental de Luísa Villalta e un concerto do cuarteto De Vacas.
Arístedes Carrera, coa colaboración do Concello, recolle nun libro a riqueza de Cans
“Cans” recolle os nomes dos lugares, patrimonio e historia desta parroquia porriñesa. O Concello repartirá 100 exemplares entre a veciñanza.
