
X Montando Cristo Festival, sábado de rock no Porriño
Chega o festival máis rockeiro das Festas do Cristo do Porriño, con catro bandasen directo na praza de San Sebastián a partir das 20 horas

Rebeliom do Inframundo e Zur2djs, colofóns da Summerson Jam do Porriño
A batalla de danza do sábado 28 comezará ás 11 h da mañá na praza do Arquitecto Antonio Palacios, e despois da entrega de premios, cara ás 22:30 h comezarán os concertos. Repartiranse 2.500 euros entre as tres parellas de baile gañadoras de cada categoría

DisCamino, pregoeiros de excepción da XXXI Festa dos Callos do Porriño
A praza do Arquitecto Antonio Palacios recreou a celebración do domingo co pregón de membros de DisCamino, que percorreron o tramo Tui-O Porriño do Camiño de Santiago en bicicleta. Trinta establecementos ofrecerán racións de callos no Porriño

Pistoletazo de saída ás Festas do Cristo ao son de “Porriño de mis amores” e un chupito multitudinario de licor café
Juaniña compartiu coa praza ateigada de veciños o seu amor polas Festas do Cristo e parte da súa rica vida persoal. Fermina Fernández e Carmen Leiras tamén participaron do pregón xa que este ano as Festas do Cristo están adicadas ás centenarias do Porriño

O Porriño rende homenaxe póstumo a Nuncha e Moncha, coidadoras da Capela do Cristo durante décadas
Os seus familiares recibirán unha placa conmemorativa despois da celebración de misa solemne o luns 23

O Louro Valley Festival aspira a bater récord de asistencia este sábado
Groove Amigos, Traffic House, Khris Guez, Samu Pexe nun “back to back” con Pitty, e DJ Mus completan o cartel encabezo polo dj Kiko Rivera. O evento arrancará ás 22:30 h na rúa Progreso con entrada gratuíta