O Porriño celebra este domingo, día 13 de maio, a tradicional ‘Festa dos Cachos’

O Porriño celebra este domingo, día 13 de maio, a tradicional ‘Festa dos Cachos’ na que se agarda que centos de persoas dean conta de centos de pratos deste crustáceo, “digno de reis”, como sinalou a alcaldesa, Eva García de la Torre, durante a presentación.…

A alcaldesa, asiste en representación do Concello do Porriño, a administración que máis inviste este ano no @festivaldecans, máis de 20.000€, a súa presentación

A Casa do Cid, espazo emblemático do Festival de Cans, acolleu hoxe, coa presenza da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, en representación do Concello, a administración pública que máis inviste no festival- 20.000€, ademáis da contribución á seguridade e ordenación do tráfico…

@festivaldecans fai este ano unha grande aposta polos coloquios coa participación de Manuel Lourenzo, Berta Ojea, Borja Cobeaga ou Nieve de Medina

O Festival de Cans fará na súa 15ª edición unha gran aposta polos coloquios e encontros co público, que terán lugar no histórico ‘Baixo do Moncho’ nas mañás que van do mércores 23 ao venres, 26 de maio, sempre ás 11 e media, con entrada…

Todo listo para a ‘Feira do Libro do Porriño 2018’ que inaugura o escritor lucense Lois Pérez

A Feira do Libro do Porriño, na que participan as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer, abre as súas portas no centro o vindeiro xoves, día 10, ás 7 e media da tarde, coa lectura do ‘pregón’ deste ano a cargo do profesor, escritor…

A alcaldesa recibe no Concello a Noemí García, veciña do Porriño e semifinalista de ‘La Voz Kids’ e agarda que poida actuar nas Festas do Cristo deste ano

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, recibiu no Concello a Noemí Fernández, a concursante de 15 anos de ‘La Voz Kids’, o programa de Telecinco, que este vindeiro luns disputa a semifinal do concurso. Noemi,…

A Biblioteca Municipal do Porriño, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia, segundo os datos da Xunta

A Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, é segundo os datos proporcionados pola Xunta, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia. Na actualidade, dacordo cos devanditos datos, a Biblioteca Municipal do Porriño é a primeira biblioteca galega en número de préstamos…