Todo preparado para as Festas de San Benito, que se celebran os días 9, 10 e 11 deste mes de xullo

As Festas de San Benito, que se desenrolarán o vindeiro domingo, día 9 de xullo, luns, día 10 e martes, día 11, abranguen un completo programa de actuacións musicais e actos relixiosos, todo programado pola Comisión de Festas de San Benito, coa colaboración do Concello…

Alumnos e pais do CPI da Ribeira, de Torneiros, acompañados polo concelleiro Orlando Márquez, manifestáronse en Santiago contra o peche das unidades da ESO

Centos de persoas, entre elas unha importante cantidade de alumnas e alumnos e país e nais, ademais de profesores dos concellos nos que a Consellería de Educación decidiu pechar centros educativos ou traspasar unidades dos mesmos, manifestáronse este xoves en Compostela en defensa da Educación…

O Concello do Porriño súmase este mércores, 28 de xuño á celebración do Día do Orgullo LGTBI

O Concello do Porriño, súmase á celebración do Día do Orgullo LGTBI, “no seu compromiso coa igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns, sexa cal for a súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero”. O Porriño engade o seu nome á…

A Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará no Porriño o xoves, 29, o venres, 30 de xuño e o sábado 1 de xullo

A Unidade móbil de Doazón de Sangue estará no Porriño diante da cafetería Scala –na rúa Domingo Bueno-este xoves, día 29, o venres, 3º de xuño-os dous días de 9 e media da mañá a 2 e media da tarde e de 4 da tarde…

Manifestación, este martes, día 27 para reclamar unha solución urxente ao Centro de Saúde

A xunta de portavoces do Concello do Porriño, reunida o pasado mércores 14, acordou facer un chamamento ás veciñas e veciños, asociacións, sindicatos e diferentes colectivos do Porriño para mobilizarse este martes día 27 para reclamar á Xunta de Galicia unha solución urxente ao Centro…

Reformados e adaptados para persoas con diversidade funcional 6 parques infantís cun orzamento de máis de 72.000€

O Goberno local ven de rematar o arranxo de varios parques infantís da vila, que en moitos casos “non se tocaran en anos”,  e que xa están en funcionamento ou, coma o caso do parque da Praza do Cristo, poderán usarse dende esta mesma semana,…