Aberto o prazo para inscribirse na ‘2ª Andaina dos Sentidos’ que impulsan os Concellos do Porriño e Salceda de Caselas e que conta coa subvención da Xunta

A concelleira de Comercio, Formación e Emprego de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a responsable da área de Benestar , Emprego e Igualdade do Porriño, Soledad Girón, presentaron este luns a ‘II Andaina dos Sentidos’, que será o vindeiro domingo, día 10 de xuño.…

‘Matria’,grande gañadora do 15º @festivaldecans

‘Matria’ foi a grande gañadora da 15ª edición do Festival de Cans, que entregou este sábado, día 26 de maio os seus premio. A curtametraxe de Álvaro Gago fíxose con catro premios: Mellor curta de ficción, Premio do Público, Premio AISGE á mellor interpretación feminina…

@depo_es organiza este luns, día 28 de maio, no Porriño, ‘Maior seguridade’, dirixida a persoas usuarias de Teleasistencia Domiciliaria

A Deputación de Pontevedra organiza para este luns, ás 11 e media da mañá, no salón de actos do Centro Cultural do Porriño a segunda das actividades socioculturais previstas para este ano e dirixidas ás persoas usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria. Nesta ocasión, a…

@festivaldecons chega este sábado ao seu ‘día grande’ con 16 horas de actividades e programación

O Festival de Cans chega este sábado ao seu ‘día grande’ cun programa de 16 horas seguidas que arrancaron ás 10 da mañá co ‘CanSonoro’, o roteiro musical con Xurxo Souto que saíu da  Rotonda do Can. Á mesma hora, empezou o primeiro pase matinal…

@festivaldecans entrega os seus premios e recibe a Fernando Trueba e Gracia Querejeta

Un ano máis, o Festival de Cans chega á súa fin e faino por todo o alto, coa entrega dos premios desta 15ª edición pero tamén co audiovisual, a música e os encontros máis interesantes. Ás 11 da noite desvelarase no Torreiro cales son as…

O Goberno local leva a cabo traballos de desborde, roza e aviado de camiños, pistas e beiravías para previr os incendios e que o ano pasado fixeron que O Porriño fose un dos concellos menos afectados polo lume

A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, iniciou a principios de mes o desborde dos camiños, corte de maleza, retirada de silvas, saneamento de pontes e sendas, corte de herbas, roza, poda e o aviado de pistas e beiravías. Os traballos seguirán de xeito…