O Consorcio de Augas do Louro prestará os servizos de baleirado de fosas sèpticas domésticas

O Comité Directivo do Consorcio do Louro, presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de acordar que prestará os servizos de baleirado de fosas sépticas, transporte e xestión dos lodos na depuradora de Guillarei. A iniciativa xurde da necesidade de dar…

A Policía Local do Porriño realizou no que vai de ano máis de 1.000 probas de alcoholemia e imputou 22 delitos a condutores que superaron os 0,60mg/l

No primeiro semestre deste 2018 axentes da Policía Local do Porriño realizaron máis de 1.000 probas de detección de alcohol a condutores das que 47 foron positivas, imputando 22 delitos contra a Seguridade Vial ao superar as taxas os 0,60mg/l. Segundo subliña o xefe da…

O Porriño xa é o segundo concello dos 313 de Galicia no que máis medra o saldo vexetativo, con máis nacementos que mortes

O concello do Porriño é o segundo de Galicia no que máis medra o saldo vexetativo  e o primeiro da provincia de Pontevedra, segundo os datos difundidos este martes polo Instituto Galego de Estatística (IGE), referentes a o ano 2017. Dacordo cos mesmos, os nacementos…

A alcaldesa amosa a súa “satisfacción e ledicia” pola solución da situación das traballadoras e traballadores de Servicarne, que dende este 1 de agosto pasan a ser empregados fixos de Frigolouro

A alcaldesa, Eva García de la Torre, vén de amosar a súa “satisfacción e ledicia” polo feito de que, finalmente, Frigolouro regularizase a situación dos falsos autónomos de Servicarne que, dende este mércores, día 1 de agosto, pasarán a formar parte do plantel coma traballadores…

Este martes, día 31 de xullo, ás 7 da tarde, Pleno do Concello que pode seguirse en directo por streaming

A alcaldesa vén de convocar o Pleno do Concello para este martes, día 31 de xullo, ás 7 da tarde que, coma os anteriores, pode ser seguido en directo, por streaming, polas veciñas e veciños do Porriño, entrando no portal web municipal.

Axentes da Policía Local participan nos ‘Campamentos de Verán’ organizados polo Concello

Membros da Policía Local do Porriño participaron este mes de xullo nos campamentos de verán do Concello- abertos a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos de idade- co obxectivo de “reforzar a proximidade e a confianza cos máis pequenos”. As actividades desenroladas…