Retomamos o Entroido co desfile de comparsas do martes

O tempo comeza a dar unha tregua e no Porriño aproveitan para retomar o seu Entroido. Tras coordinarse coas diferentes comparsas, a concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez, acordou celebrar mañá o desfile de Entroido no que están confirmadas 18 comparsas, máis de 1600…

O Porriño sumará 17 traballadores ao seu cadro de persoal

O Concello do Porriño sumará a 17 novos/as traballadores/as ao seu cadro de persoal no marco do Plan  +Provincia da Deputación de Pontevedra. A administración local recibirá 211.000 euros do ente provincial para a contratación de persoas que se atopen en situación e desemprego, tal…

A piques de abrir as súas portas a cafetería LUME, un espazo de inclusión e encontro

O Porriño acolleu hoxe a presentación dun proxecto pioneiro en Galicia impulsado por Aceesca Asociación en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello do Porriño: o programa de Formación Dual de hostalería para persoas con diversidade intelectual.   Foi nas instalacións do Centro Cutlural…

Minuto de silencio en homenaxe aos gardas civís falecidos en Cádiz

O Porriño garda un minuto de silencio en solidariedade e apoio ás familias dos dous Gardas Civís falecidos en Cádiz e en recoñecemento ao labor que realizan os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Comezan as obras que transformarán a praza de abastos

  A actividade da praza desenvolverase nunha carpa instalada no exterior durante a execución das obras Este luns darán comezo os traballos de mellora e impulso da Praza de Abastos do Porriño, unha intervención moi demandada por praceiros/as e usuarios/as que reimpulsará o que debe…

Aprázase o Entroido polo mal tempo

O mal tempo non dá tregua e as previsións meteorolóxicas para os próximos días ameazan ao Entroido. Co fin de poder disfrutar das actividades programadas por todo o alto, o Concello do Porriño acordou aprazar a programación do Entroido para esta semana. Mantéñense os obradoiros…