JESÚS ALONSO FERNÁNDEZ
Percusión

Cursa os seus estudos musicais no Conservatorio de Vigo entre 1990 e 1997. Asiste a cursos de batería con Salvador Niebla.

É profesor de percusión tradiccional na Escola Municipal de Música do Concello de O Porriño dende o curso 2001/2002 , tamén é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música de As Neves  dende 1998.

En 1989 participa nunha xira coa Xoven Orquestra de Galicia, dirixida por Ricardo Richy, por toda América, tocando en teatros como o Teatro Colón en Buenos Aires ou no Teresa Carreño en Caracas.

Dende 1992 é compoñente do grupo de música popular A Roda de Vigo donde toca percusión, gaitas, flautas e canta ademais de ser percusión do gaiteiro Antón Davila e José Liz dende 2001.

VOLVER ATRÁS