A Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia establece a obrigatoriedade da limpeza e conservación de montes para as persoas propietarias. En concreto, determina que se debe xestionar a biomasa no ámbito das chamadas faixas secundarias (arredores de infraestruturas, vivendas e equipamentos) e, se é o caso, retirar as especies arbóreas prohibidas co fin de evitar a propagación de lumes en puntos especialmente sensibles.

Pódense ver as faixas afectadas no visor: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

O persoal técnico do Servizo Agrario Galego (SEAGA) acaba de realizar inspeccións no noso municipio, rexistrando as parcelas que incumpren estas obrigas. Con ditas actas de inspección, o Concello remitiu as correspondentes notificacións aos propietarios.

Que debo facer si recibo a dita notificación?

No caso de estar de acordo co contido da notificación, debese proceder á xestión da biomasa e retirar as especies arbóreas prohibidas nas faixas. Segundo a lei, son:

  • Piñeiro galego
  • Piñeiro do país
  • Piñeiro silvestre
  • Piñeiro de Monterrey
  • Piñeiro de Oregón
  • Mimosa
  • Acacia negra
  • Eucalipto
  • Brecina
  • Carqueixa
  • Xesta
  • Breixo
  • Piorno
  • Fento
  • Silva
  • Toxo

A dita lexislación non é de aplicación para as frondosas non incluídas no listado anterior: carballos, ameiros, salgueiros, sauces, tejo, Loureiro …

E preciso ter en conta que para a realización de tala de árbores e necesaria a solicitude de autorización correspondente.

MODELO DE SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN: PROCEDEMENTO MR604N

O prazo marcado nas notificacións para executar a limpeza é de 15 días naturais

Unha vez cumprida coa obriga de limpeza, este feito  debese comunicarse no rexistro xeral do Concello achegando fotografías acreditativas do estado actual da finca.

MODELO DE ACREDITACIÓN DE TER CUMPRIDO COA OBRIGA

Dada a complexidade de proceder a limpeza das fincas notificadas neste breve período de tempo, o Concello pon a disposición dos afectados a posibilidade de solicitar unha prórroga ata finais de maio para a súa execución. Para a solicitude de prórroga, débese presentar no rexistro do Concello o seguinte formulario:

SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA A LIMPEZA DE FINCAS

 

Como actuar ante erros ou desconformidades coa notificación?

No caso de que a inspección da finca incorrese en erros ou de considerar a persoa notificada que os datos referidos na notificación non se axustan a realidade da súa parcela, pódense presentar escrito de alegacións indicando que a finca non é da súa propiedade. Así mesmo, deberá de comunicarse a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra. Este trámite será prestado polo Concello, mediante cita previa, que deberá solicitarse no departamento de Urbanismo (Teléfono 986 33 50 00 Extensión 5 ou  649 897 074).

MODELO DE DISCONFORMIDADE – TITULARIDADE INCORRECTA

 

Axuda na tramitación

O Concello ofrece asesoramento e axuda na xestión dos trámites indicados de forma presencial nos Centros Culturais de cada parroquia nas seguintes datas en horario de 16.30 a 19.30 h.:

  • Martes 21 de xaneiro: Pontellas
  • Mércores 22 de xaneiro: Mosende
  • Xoves 23 de xaneiro: Chenlo
  • Luns 27 de xaneiro: Budiño. A Forna
  • Martes 28 de xaneiro: Atios
  • Mércores 29 de xaneiro: San Salvador de Torneiros.
  • Xoves 30 de xaneiro: Cans

Así mesmo, ofrecese atención presencial no Concello do Porriño, de luns a venres en horario de 9 a 14 h.

 

Máis información nos teléfonos 649 897 074 / 686 734 630

Terán preferencia na atención as persoas que soliciten cita previa.