CARLOS GONZÁLEZ CRESPO
Piano e Xefe de Estudos

 

Pianista e profesor de piano. Natural de La Habanda (Cuba). Graduado polo Instituto Superior da Arte de La Habana, baixo a dirección da profesora Dna. Teresita Junco.

Profesor de piano, acompañamento e música de cámara no Conservatorio Amadeo Roldán de la Habana e Xefe da Cátedra de Música de Cámara.

Foi profesor na Escola Nacional de Música e do Instituto Superior das Artes de Cuba.

Dende o ano 2002 é profesor de piano e linguaxe musical na  Escola Municipal de Música do Porriño, dende o ano 2002, sendo director da mesma ata o ano 2010. Na actualidade forma parte do equipo directivo como Xefe de Estudos no mesmo centro, ademáis de profesor de piano na Escoa, de Música Amadeus en Vigo.

Algúns dos seus alumnos foron obtendo diferentes premios en concursos de ámbito nacional e autonómico.

VOLVER ATRÁS