No Concello do Porriño apostamos pola defensa dos dereitos humanos e especialmente pola defensa dos dereitos da infancia, e para reforzar esta aposta, decidimos presentarnos ao recoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia”, que promove UNICEF en colaboración coa FEMP, e que pretende mellorar o benestar da infancia impulsando políticas municipais que garantan o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes, cun enfoque de dereitos.
Este programa de Cidades Amigas da infancia aséntase no deseño de políticas públicas eficaces baseadas na Convención sobre os dereitos da infancia, a promoción da participación infantil e adolescente, e o impulso de alianzas entre todos os actores relacionados coa infancia a nivel municipal para iniciar un camiño de mellora continua cara ao pleno cumprimento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes no ámbito local.
Esta iniciativa posta en marcha dende a Oficina de Información Xuvenil, implica a coordinación interna do Goberno local, e a coordinación con outros actores locais como son os centros de ensino, as asociacións, etc…. para xerar mecanismos reais de participación infantil, co obxectivo de incorporar o parecer de nenos, nenas e adolescentes nas decisións políticas que lles afecten.
Polo tanto, xa o pasado ano puxemos en marcha un proceso de participación infantil, no que nenos, nenas e adolescentes de tódolos centros de ensino do concello, teñen a oportunidade de expresar a súa opinión sobre aqueles aspectos que lle preocupan, así como tamén achegar as propostas de solución que consideren aos plenos infantiles, como camiño cara un órgano estable de participación infantil denominado Consello municipal de Infancia e Adolescencia, de carácter consultivo, informativo, e de representación do conxunto da infancia e adolescencia dentro do municipio.
O proxecto continua coa realización dun diagnóstico da realidade dos nenos e nenas e da localidade, realizado de forma participativa, coa colaboración dos propios nenos, nenas e adolescentes, da comunidade educativa, e de persoal técnico, como paso previo para a elaboración dun Plan local de Infancia e Adolescencia que desenvolverá as medidas e actuacións que o goberno local porá en marcha a fin de garantir a promoción, provisión e protección dos dereitos da infancia.
PARTICIPA!
ENVÍA A TÚA SUXERENCIA
ENQUISA INFANCIA E ADOLESCENCIA
VER CIDADES AMIGAS DA INFANCIA
PROGRAMA “CIDADES AMIGAS DA INFANCIA” web internacional
DOCUMENTACIÓN…
Bases da convocatoria Cidades Amigas da infancia
Acta resume do pleno infantil de Novembro de 2017
Constitución do órgano de coordinación interna
Convocatoria xunta de portavoces
Convocatoria Pleno infantil para o 18 Abril
Dinámica a seguir no pleno infantil de Abril
Memoria de actividades a favor da infancia e Adolescencia
Diagnóstico de Situación da Infancia e Adolescencia
Plan local de Infancia e Adolescencia
IMÁXES…