O edificio do Centro Cívico alberga a Escola Municipal de Música do Porriño, na rúa Domingo Bueno.

A Escola Municipal de Música do Porriño conta na actualidade con 14 profesores que semanalmente imparten clases de linguaxe musical e das diferentes especialidades instrumentais ós mais de 150 alumnos de todas as idades. Conta á vez con seis agrupacións que dan cabida no só ós alumnos da escola, senón tamén a todos os vecinos e veciñas do Porriño e contorna que queiran formar parte das mesmas.

A Escola Municipal de Música do Porriño está configurada como un primeiro paso para todos os alumnos que desexen estudar académicamente nun Conservatorio, xa que os seus curso de Grao Elemental está programados seguindo as pautas de esixencia para una futura proba de acceso a Grao Medio. Nesta escola de música, ademais impártense clases ata segundo curso de Grao Medio.

Especialidades da Escola de Música

A Escola imparte as seguintes clases:

  • Música e Movemento I (4 e 5 anos).
  • Música e Movemento II (6 e 7 anos).
  • Linguaxe Musical e Educación Auditiva 1º Grao Elemental.
  • Linguaxe Musical e Educación Auditiva 2º Grao Elemental.
  • Linguaxe Musical e Educación Auditiva 3º Grao Elemental.
  • Linguaxe Musical e Educación Auditiva 4º Grao Elemental.
  • Linguaxe Musical e Educación Auditiva 1º Grao Medio.
  • Linguaxe Musical e Educación Auditiva 2º Grao Medio.

Especialidades instrumentais

Violín, viola, violonchelo, percusión, guitarra, piano, canto, gaita, clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, fagot, trompa, trompeta, bombardino, trombón, tuba e percusión tradicional.

Agrupacións musicais da Escola de Música do Porriño

Banda de música

A Banda de Música está aberta a novas incorporacións. Todas a persoas interesadas poden poñerse en contacto directamente coa escola.

Banda infantil de música – Mini banda do Porriño

A Mini Banda do Porriño é unha nova formación presentada no Festival das Letras Galegas 2024 da Escola de Música. Está dirixida por David Trastoy Oseira e conta con instrumentos de vento madeira, vento metal e percusión, tocados por unha ducia de estudantes da Escola de entre 8 e 14 anos de idade.

Orquestra de corda

Os alumnos e alumnas de corda da Escola de Música Municipal do Porriño, teñen nesta agrupación unha oportunidade para por en valor os aspectos aprendidos durante as clases individuais nas diferentes especialidades pero de forma colectiva.

Grupo de música tradicional

Sen dúbida, una agrupación tradicional pon en valor a cultura dun pobo. Desde a Escola de Música dase a oportunidade aos alumnos que cursan Gaita e Percusión Tradicional para que, conxuntamente, traballen un repertorio específico nunha agrupación destas características. Pódense incorporar todas as persoas interesadas.

Coral infantil

Composta por voces brancas, case todos alumnos da escola que cursan desde 1º curso ata 4º de Grao Elemental. Ademais, esta agrupación está pensada para todos os nenos e nenas que queiran participar da mesma, sexan ou non alumnos do centro. É una actividade de carácter gratuita.

Coral polifónica

Para os adultos, sexan ou non alumnos do centro. Na actualidade está fomada por 46 voces mixtas e participan fundamentalmente nos festivais organizados pola escola. Os interesados, poden participar desta actividade poñéndose en contacto coa escola.

Profesorado da Escola Municipal de Música do Porriño

David Trastoy Oseira, director da Escola e da Agrupación Musical do Porriño e profesor de trompeta, trompa, trombón, bombardino e tuba.

Rocío Álvarez González, xefa de estudos e profesora de linguaxe musical, educación vogal e auditiva e saxofón.

Pilar Moráguez, profesora de canto e educación vogal e auditiva.

Jacobo García, mestre de linguaxe musical, educación vogal e auditiva, corais e violonchelo.

José Miguel Pérez Pereira, profesor de linguaxe musical e educación vogal e auditiva.

Suso Alonso, profesor de percusións tradicionais e do grupo de música tradicional.

Juan Álvarez, profesor de clarinete.

Enrique Comesaña Barreiro, mestre de frauta traveseira.

Xoel González, mestre de percusión sinfónica.

Fabio Salgado Hermida, profesor de violín e do grupo orquestral.

Serghei Maximov, profesor de violín e viola.

Violetta Tin, profesora de piano.

María Salomé Garrido Fernández, profesora de piano (nova incorporación no curso 2024-2025).

Iria San Marcial Comesaña, profesora de piano (nova incorporación no curso 2024-2025).

Meily Téllez, profesora de música e movemento e guitarra.

Diego Alonso Vila, profesor de gaita e do grupo de música tradicional.

Contacto da Escola de Música

Dirección: Avda. Domingo Bueno, 13, 1ª planta. 36400 O Porriño

Teléfono: 604 14 06 78 / 986 34 46 39

Email: escolademusicamunicipal@oporrino.org

Horario de clases: Luns a venres de 16:00 a 22:00 h

Horario de atención: Luns a venres de 16:30 a 20:30 h

CURSO 2024/2025

Formulario de inscrición

Descarga aquí. Datas de entrega en Rexistro do Concello: 1-15 de xullo de 2024.

Listaxe de admitidos

Estará exposta na porta do Centro Cultural Municipal e na porta da Escola Municipal de Música a partir do mércores 21 de agosto. Todas as persoas preinscritas teñen praza.

Matriculación

O alumnado preinscrito terá que asistir as reunións de matriculación segundo as disciplinas escollidas os días martes 27 e mércores 28 de agosto:

Cada estudante ten a súa hora de matrícula e, unha vez pase a súa quenda, perderá a prioridade na matriculación. Aconséxase avisar á Escola se xa se sabe que non se vai poder asistir a reunión de matriculación.

Os alumnos/as de Música e Movemento e as persoas interesadas en matricularse que non estean preinscritas, poderán facelo o xoves 29 de agosto en horario de 16:00 a 20:00.

Comezo do curso 2024/2025

As clases comezan o 11 de setembro. Para poder asistir, é obrigatorio ter formalizada a matriculación e o pago correspondente.

Clases colectivas curso 2024/2025

Clases individuais curso 2024/2025