| Atios é a segunda parroquia en extensión e a terceira en número de habitantes. Está situada ao leste do municipio, e nela atópanse a maior parte das famosas canteiras das que se extrae o granito rosa Porriño. | 
| Entre os monumentos de Atios destaca a súa igrexa parroquial. O edificio actual data de 1757, aínda que as súas orixes se remontan ao século XIV. Trátase dunha igrexa de planta rectangular e nave única, con ábsida en eixo destacada en planta e altura. |  | 
| Na igrexa parroquial comeza o viacrucis de Atios, un conxunto de 14 cruces. Na ladeira do Monte Castro encóntrase un fermoso cruceiro de pedra datado no século XVIII: é o chamado “Cruceiro do Castro”. Neste barrio atópase tamén un interesante conxunto de muíños de auga. | 
|  | No percorrido do Camiño de Santiago está a Capela de Virxe da Guía. O edificio e de 1640 e goza de gran popularidade en todo o concello. | 
| Na parroquia fíxose un importante descubrimento arqueolóxico: a chamada cista de Atios, que data da Época de Bronce inicial (1800-1000 a. C.) Trátase dunha tumba composta por laxes, e no interior atopouse un interesante enxoval funerario. Está depositada no Museo Quiñones de León de Vigo. | 
|  | 
| Barrios: Alvarín, O Carbón, A Casilla, O Castro, As Cavadas, O Covelo, Os Eidos, Galegos, A Guía, A Ínsua, Liboeira, O Outeiro, A Pontenova, Portela de Souto, O Rial, A Rocha, A Torre, Vilafría a A Viñoeira. | 
| Advocación: Santa Baia | 
| Festas populares: Festa do Monte: Segundo domingo de xuño.
 San Bieito: Primeiro domingo de agosto.
 Virxe da Guía: 15 de agosto.
 |