O artigo 30 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que cada responsable levará un rexistro das actividades de tratamento que efectúa e coa información indicada a continuación:
- O nome e os datos de contacto do responsable e do delegado de protección de datos.
- Os fins do tratamento.
- Unha descrición das categorías de interesados e das categorías de datos persoais
- As categorías dos destinatarios dos datos.
- As transferencias de datos persoais, se as hai.
- Os prazos previstos para a supresión das diferentes categorías de datos, cando sexa posible.
- Unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.
Así mesmo, segundo regúlase no artigo 31.2 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), todas as entidades incluídas no artigo 77.1 desta lei orgánica deberán facer público un inventario dos seus tratamentos no que constará a información establecida no artigo 30 do RXPD e a súa base legal lexitimadora para o tratamento dos datos de carácter persoal.
De conformidade con esta normativa, publícase un rexistro das actividades de tratamento efectuadas polo CONCELLO DO PORRIÑO: