Todo preparado para as Festas de San Benito, que se celebran os días 9, 10 e 11 deste mes de xullo

As Festas de San Benito, que se desenrolarán o vindeiro domingo, día 9 de xullo, luns, día 10 e martes, día 11, abranguen un completo programa de actuacións musicais e actos relixiosos, todo programado pola Comisión de Festas de San Benito, coa colaboración do Concello…

A Concellería de Vías e Obras remata a reparación da estrada e a ponte en A Quinta, na parroquia de Chenlo

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de rematar a reforma integral da ponte, en A Quinta, na parroquia de Chenlo, que estaba moi deterioradA, o mesmo que a vía municipal, que afundira por mor das choivas e que representaba un…

Novos obradoiros da Aula SmartPeme do Porriño, durante o mes de xullo

A aula de SmartPeme do Porriño organiza, ao longo do mes de xullo , distintas sesións de capacitación tecnolóxica gratuitas que terán lugar punto SmartPeme de referencia, situado no Multicentro do Concello en Torneiros. Os obradoiros empezan o luns, día 3 de xullo, ás 7…

Novos cursos de dinamización tecnolóxica na Aula CeMIT do Porriño

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Porriño celebrará cursos de dinamización de diversas temáticas. Impartiranse actividades como “Iniciación á Informática”, “Iniciación a Internet”, “ Creación dunha conta de correo electrónico”, “Redes Sociais”…

Alumnos e pais do CPI da Ribeira, de Torneiros, acompañados polo concelleiro Orlando Márquez, manifestáronse en Santiago contra o peche das unidades da ESO

Centos de persoas, entre elas unha importante cantidade de alumnas e alumnos e país e nais, ademais de profesores dos concellos nos que a Consellería de Educación decidiu pechar centros educativos ou traspasar unidades dos mesmos, manifestáronse este xoves en Compostela en defensa da Educación…

O Concello do Porriño súmase este mércores, 28 de xuño á celebración do Día do Orgullo LGTBI

O Concello do Porriño, súmase á celebración do Día do Orgullo LGTBI, “no seu compromiso coa igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns, sexa cal for a súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero”. O Porriño engade o seu nome á…