Doazón do “Grupo Coren” ao Banco de Alimentos “SOS Porriño”
O "Grupo Coren" vai realizar unha doazón ao Banco de Alimentos "SOS Porriño" para este Nadal con varios lotes de produtos, despois das xestións realizadas polo concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso. De entrada recibíronse onte un cargamento de 200 capóns conxelados, cun peso…
Rebaixa no ritmo de contaxios no Porriño segundo os datos trasladados polo conselleiro de Sanidade
Na última semana producíronse no Porriño 33 novos contaxios pola Covid, fronte aos 46 ocorridos na semana anterior "o que indica o ritmo de infectados descende e polo tanto supón unha boa nova para este concello", valorou Eva Garcia de la Torre. A rexedora…
Doazón de “Fundación La Caixa” ao Banco de Alimentos do Porriño
O almacén do Banco de Alimentos "SOS Porriño" recibirá esta tarde unha achega de 4.500 quilos de produtos non perecedoiros, grazas á doazón de 5.000 euros realizada pola "Fundación La Caixa".Esta achega constitúe unha axuda moi importante para o Banco de Alimentos de cara ao…
#25N: A proxección do filme “Trote” rematará este venres a programación da Concellería de Igualdade
A proxección da película galega "Trote", dirixida por Xacio Baño, que terá lugar este venres 27, no Centro Cultural Municipal, rematará a programación da Concellería de Igualdade coa ocasión do #25N Día Internacional contra a violencia de xénero. "Trote" relata o rol da muller como…
A corporación municipal acorda esixir á Xunta que deixe de desprezar ao Porriño nos Orzamentos Xerais de Galicia
A corporación municipal acordou cos votos do PSOE, EU SON e UDDL e as abstencións do BNG, esixir á Xunta de Galicia que "deixe de desprezar ao concello do Porriño e aos seus 20.000 habitantes nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma". O grupo municipal socialista…
#25N: O Concello alumeado en cor violeta
Os actos da programación do 25N Día Internacional contra a violencia de xénero remataron hoxe coa iluminación en cor violeta do edificio do Concello.









