O Centro Cultural Municipal, atópase na rúa Domingo Bueno, 9. Acolle a Biblioteca Municipal e a Oficina Municipal de Irformación Xuvenil. Ademais conta con dúas salas de exposicións nas que ó longo do ano se realizan diversas mostras e exposición de pintura, escultura, fotografía, actividades escolares, etc.

O auditorio ten capacidade para 180 persoas sentadas. Nel desenvolvese unha programación continuada con concertos, actuacións teatrais, conferencias, etc.

BIBLIOTECA MUNICIPAL
Topase no primeiro andar do Centro Cultural, cunha sala de consulta e unha sala infantil. O horario de apertura é de 9:00 a 21:00 horas, de luns a venres. Conta con mais de 2.000 socios.

A Bibioteca Municipal ofrece unha serie de servizos, todos eles de acceso libre e de balde: lectura e consulta en sala, préstamo a domicilio, carné de usuario, servizo de información xeral e información e orientación bibliográfica.

Conta ademais cunha sala de acceso a internet de banda ancha, con sete terminais. Tamén esta instalado o sistema Wifi co que te podes conectar a internet a traves de calquer dispositivo da túa propiedade en todo o edificio e 200 metros ó redor do mesmo.

OMIX:
A Oficina Municipal de Irformación Xuvenil (OMIX), ten a súa sede no Centro Cultural, cun horario de 9:00 a 21:00 horas. Forma parte da Rede Galega de Información Xuvenil.

Dende a OMIX, ofertanse varios servizos, como a realización do Carne Xove, a tramitación e información para diversos campamentos de verán e outras actiidades, información sobre bolsas, busca de emprego, estudios, formación, asociacionismo, voluntariado, animación sociocultural, etc. Tamén se informa sobre temas relacionados coa cultura, o turismo… Pero ademais, dende a OMIX, apóianse as iniciativas que xorden desde movementos xuvenís, dándolles cobertura nas súas actividades.