O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obrigación de designar a un Delegado de Protección de Datos (DPD).
O CONCELLO DO PORRIÑO designou ao seu DPD correctamente, tal e como se pode comprobar en: Consulta DPD
- Delegado de Protección de Datos: NORQUALITY, S.L.
- Contacto: dpd@oporrino.org
As súas funcións veñen definidas no artigo 39 do RGPD e consisten principalmente en informar e asesorar ao Concello e aos seus traballadores sobre as obrigacións que lles incumben no tratamento de datos de carácter persoal, e a supervisión do seu cumprimento. Así mesmo, debe cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e actuar como punto de contacto entre esta e o Concello.
Á súa vez, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos se lle xorden dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte do Concello ou non está conforme co mesmo. Para iso, pode contactar co Delegado de Protección de Datos do CONCELLO DO PORRIÑO dirixíndose por escrito á dirección de correo dpd@oporrino.org
Máis información: Axencia Española de Protección de Datos – Delegado de Protección de Datos