Ao abeiro da aprobación da Orde HAP/492/2014, de 26 de marzo, de acordo coa disposición adicional 3ª, que esixe a codificacón das unidades administrativas en termos de directorio común de unidades administrativas accesible a través da páxina web do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas; na factura electrónica debe constar a identificación do órgano xestor, da unidade tramitadora e da oficina contable, coa indicación dos correspondents códigos de acordo co Directorio común de unidades e oficinas DIR3, xestionado pola Secretaría de Estado e Administración Públicas.
Para facilitar que o contratista poida incluír a identificación dos órganos e os seus códigos DIR3 na correspondente factura, no caso do concello do Porriño establecense os seguientes códigos DIR3:
OFICINA CONTABLE | OC-L01360391-O00008786 | SERVIZO DE INTERVENCIÓN |
ÓRGANO XESTOR | OG-L01360391-O00008787 | ALCALDÍA |
UNIDADE TRAMITADORA | UT-L01360391-O00008786 | SERVIZO DE INTERVENCIÓN |
PUNTO DE ENTRADA FACE DO CONCELLO DO PORRIÑO
INFORMACIÓN E APLICACIÓN PARA EMITIR FACTURAS FACE
A Lei 25/2013, do 27 de decembro, de Impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de facturas no Sector Público, ten por obxectivo impulsar o uso da factura electrónica, crear o rexistro contable de facturas, regular o procedemento para a súa tramitación nas Administracións públicas e as actuacións de seguimento polos órganos competentes.
Esta obrigación afectará a tres niveles: Administración Xeral do Estado (Estatal), Comunidades Autónomas (Autonómica), Administración Local (Concellos, Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos insulares, etc.).
Segundo especifica esta lei será de aplicación ás facturas electrónicas emitidas polos provedores de bens e servizos nas súas relacións xurídicas coas Administracións Públicas. Deste xeito, os provedores afectados serían os pertencentes a: Sociedades anónimas; Sociedades de responsabilidade limitada; Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española; Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria; Unións temporais de empresas; Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.