A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos.
A Lei aplícase a todas as Administracións públicas e a todo o sector público estatal, así como a outras institucións, como son a Casa da súa Maxestade o Rey, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Constitucional, o Congreso dos Deputados, o Senado, o Banco de España, o Defensor do Pobo, o Tribunal de Contas, o Consello Económico e Social e as institucións autonómicas análogas, en relación coas actividades suxeitas a Dereito Administrativo.
A Lei establece as obrigacións de publicación que afectan as entidades públicas para garantir a transparencia na súa actividade e regula o dereito de acceso dos cidadáns á información pública.
O artigo 28, letras f) e n), foi modificado pola disposición final terceira da Lei Orgánica 9/2013, do 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público.
Consulta o texto consolidado da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno. (Este documento é de carácter informativo e non ten valor xurídico)
Descargar Lei de Transparencia en galego BOE-A-2013-12887-G
Descargar Lei de Transparencia en castelán BOE-A-2013-12887
Descargar Lei de Transparencia en catalán BOE-A-2013-12887-C
Descargar Lei de Transparencia en valenciano BOE-A-2013-12887-V
Descargar Lei de Transparencia en euskera BOE-A-2013-12887-E
Descargar Lei de Transparencia en inglés (texto orixinal)
Act 19 2013 on transparency access to public information and good governance