A Praza 8 de Marzo acolleu unha tarde chea de música, emoción e un enorme talento na semifinal do concurso “Tés Talento”. Un total de 26 participantes de todas as idades e estilos subiron ao escenario para amosar o seu potencial, deixando ver un nivel altísimo que puxo as cousas moi difíciles ao xurado á hora de tomar unha decisión.

Tra unha moi complicada deliveración, finalmente foron trece os artistas seleccionados que lograron o seu pase á gran final. Entre os clasificados atópanse Nora Rivas, que interpretou “Yesterday”; Julia Lemos, con “Great expectation”; Laura Giráldez, co tema “Carrie”; Miriam Mariño, que cantou “El hombre que yo amo”; e Alba Bello, coa canción “Hometown”.

A lista de finalistas complétase con Daniel Domínguez, que marabillou coa súa versión de “Rolling in the Deep”; Nora Pérez, co tema “Derniere danse”; Ainara Losada, que interpretou “Desátame”; Laura Carmona, coa versión de “Creep”; Laura Alonso, que cantou un tema de “Christina Aguilera”; Marcos Costa, con “Activao”; Nusky, que puxo ritmo con “Potra salvaje”; e Naro, coa interpretación de “Lucía”.

A agardada gran final celebrarase este domingo ás 19:00 horas. Ademais, como antesala a este grande evento, ás 17:00 horas terá lugar a final infantil, na que competirán nove grupos participantes.