A Concellería de Educación e a OMIX levan a cabo un programa de sesión de contacontos en inglés dirixidos a nenos e nenas dos colexios do Porriño.

A actividade comezou onte martes no CPR Hermanos Quiroga e hoxe continuou no CEIP de Atios ata onde trasladouse Lourdes Moure, concelleira de Educación para comprobar o desenvolvemento da sesión ao carón de 22 alumnos e alumnas de 4ª curso de Educación Primaria.

 O obxectivo deste programa denominado “Contacontos en Inglés no cole”, é ofrecer aos máis pequenos unha actividade en inglés de calidade, pensada por e para os nenos, co fin de impulsar o seu interese e a súa curiosidade cara ao inglés dunha forma lúdica e divertida axudando. Trátase de impulsar a inmersión lingüística desde cativos e a estimulación precoz, a través de contacontos perfectamente guionizados e teatralizados e desenvolvidos integramente en inglés, en sesións de 30 minutos aproximadamente.

Para realizalos o Concello conta coa colaboración da empresa Kids&Us que conta cunha experiencia de máis de 15 anos.

As sesións de contacontos continuarán despois das vacacións de Semana Santa e rematarán o 9 de abril no CEIP Cruz Budiño.

En total, participarán 157 alumnos e alumnas dos colexios porriñeses.