A Alcaldesa Eva García ofreceu unha recepción no Concello á plantilla do equipo filial do Balonmán Porriño que vén de acadar o seu ascenso á División Prata Feminina. O conxunto porriñés obtivo a promoción grazas a gañar os tres partidos do sector de ascenso disputado o pasado fin de semana na nosa cidade. Derrotou a KTM Balsebike; EMD Aceuchal e no partido definitivo ó Balonmán Zamora.

Deste xeito Porriño é unha das poucas cidades de España cun club de balonmán que pode presumir de ter ó seus equipos femininos nas dúas principais categorías nacionais.