Os datos aportados esta semana polo Instituto Galego de Estadística (IGE) son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica. No ano 2018 Porriño tivo un saldo vexetativo positivo é dicir máis nacementos que defuncións. Segundo o departamento do padrón municipal en 2018 tivemos 180 nacementos e producironse 121 falecementos en Porriño.

O dato inscríbese na tendencia positiva de crecemento poblacional que presenta Porriño pois segundo recolle o Instituto Galego de Estadística, na última década Porriño medrou poboación con 2.626 habitantes, unha excepción fronte a dinámica galega de desertización demográfica.

“Porriño está a medrar espectacularmente en todos os eidos. O crecemento demográfico está íntimamente vencellado coa recuperación económica que presenta noso pobo nos últimos anos, evidenciado en numerosos indicadores”, valorou Eva García de la Torre. A alcaldesa lembrou que o propio IGE refire que Porriño “é o concello con mellor ratio que conta con máis altas de cotizantes da Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses incluso que Vigo con 7.714 altas nos derradeiros dez anos”. Tamén a alcaldesa citou o dato publicado hai un mes pola Zona Franca que refería que “Porriño é o concello co segundo mellor índice de dinamismo empresarial no ámbito da Zona Franca, despois da cidade de Vigo”. Segundo datos dese organismo público no primeiro semestre en Vigo crearonse 287 empresas. E a continuación é O Porriño o concello con máis sociedades creadas, nada menos que 35 novas empresas, grazas ó seu gran peso industrial cos polígonos de A Granxa e As Gándaras. Con respecto a outros concellos da área metropolitana, Porriño supera a Nigrán e Redondela que contabilizan 16 y 15 novas empresas respectivamente. Asimesmo Porriño marca unha notoria diferencia en relación con Mos que rexistrou a creación no que vai de ano de 8 empresas. Nese eido a alcaldesa refiriu como “última evidencia” a chegada de Amazon coa estación loxística que instala este verán en Porriño coa repercusión que acadou a noticia.

O Concello como institución “tamén goza de boa saúde económica como ven de referir tamén esta semana o Ministerio de Hacienda no seu informe sobre débeda viva municipal”. Eva García relacionou que “lamentablemente o que estamos a sufrir en Porriño é un bloqueo político pola irresponsabilidade do Partido Popular tanto como oposición municipal que impide o pagamento das facturas pendentes con maniobras coma a que motivou a cancelación do pleno municipal do martes e as políticas obstruccionistas da Xunta de Galicia que pon todas as trabas posibles para favorecer a Mos en detrimento de Porriño na instalación de novas empresas”.