Unha extraordinaria resposta tén recibido o curso de “Defensa Persoal Feminina e Protección Xurídica contra Violencia de Xénero” con perto de 100 mulleres inscritas, segundo datos da Policía Local de Porriño. Ainda que a meirande parte son de Porriño e bisbarra, tamén hai mulleres de Vigo e Pontevedra que se inscribiron. Por este motivo, para garantir o aforo e a comodidade para o desenrolo das clases, o curso impartiráse no Pavillón Municipal de Deportes, segundo adiantou Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local que coordina a organización.Mañán xoves día 2, a partir das 13 horas presentaráse en roda de prensa no salón de plenos do consistorio o programa de formación que recibirán as mulleres inscritas a partir do vindeiro día 4 e nos tres seguintes sábados do mes de maio.Tamén presentaráse na mesma roda de prensa o curso de “Violencia de Xénero: ámbito xurídico e tecnolóxico forense”, adicado ó persoal dos Corpos e Forzas de Seguridade e profesionais que interveñen na atención e investigación desta casuística. A roda de prensa será protagonizada pola alcaldesa de Porriño, Eva García; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e mailo Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez.