Convocado outro pleno municipal extraordinario

Este mércores 15, ás 18,00 horas, celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria da corporación municipal cun único punto na orde do día.  Trátase de debater e aprobar definitivamente, se procede, unha modificación orzamentaria para un suplemento de crédito. Quince minutos antes do pleno, terá lugar a…

O Porriño participa nas “IV Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia” que organiza Unicef

A concelleira de Educación, Lourdes Moure participou hoxe na primeira quenda das “IV Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF baixo o título “Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o ámbito local”. Estas Xornadas se prolongarán ata mañá mércores…

A Concellería de Cultura presenta o documento sonoro “A memoria recuperada: a guerra e a fame”

  Este sábado 11, ás 19:00 horas, terá lugar no Centro Cultural Municipal, a presentación do documento sonoro "A memoria recuperada: a guerra e a fame", unha recollida de testemuñas da nosa memoria histórica. Trátase doutra actividade impulsada pola concelleira de Cultura, Cami Moreira, continuando…

A concelleira Lourdes Moure comprobou o desenvolvemento das obras de mellora de servizos municipais no lugar de Serra da Auga en Carracido

Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras visitou esta mañá o lugar de Serra da Auga, en Carracido, para supervisar o desenvolvemento das obras de mellora dos servizos municipais que se están a executar. A concelleira, acompañada de Miguel Feijoo, oficial primeiro responsable de Vías,…

Este xoves 9, o pleno municipal tomará coñecemento da renuncia de Eva García

Este xoves 9, a partir das 18 horas, a corporación municipal celebrará un pleno extraordinario. O primeiro punto da orde do día é o coñecemento da dimisión da alcaldesa presentada por Eva García de la Torre, segundo anunciou publicamente en rolda de prensa o pasado…

A concelleira de Vías e Obras e a interventora municipal comprobaron o grao de execución de 7 obras

A concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure, acompañada da interventora municipal, Elena Valcárce, verificaron o grao de execución de sete obras realizadas polo Concello do Porriño. Estiveron acompañadas polo oficial primeiro responsable de Vías, Obras e Servizos do Concello, Miguel Feijoo, e pola directora…