O pobo do Porriño con Ucrania

O Concello do Porriño comprométese co pobo ucraíno ante a crise humanitaria derivada da invasión das tropas rusas no seu territorio, e confirmou á Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, que acollerá ata 20 persoas refuxiadas de Ucrania. A resposta humanitaria do Concello inclúe,…

Contos de Entroido con Paula Carballeira

Este venres, ás 18:30 h, terá lugar na Biblioteca Municipal unha nova sesión de animación á lectura a cargo de Paula Carballeira, baixo o título “Un mes. Catro lúas. Unha sesión de contos”. Trátase dunha actividade organizada pola Biblioteca Municipal, programada ao longo de varios…

Detectado un aumento de furtos de carteiras en días de mercado

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Abel Estévez, informou hoxe que se detectou un aumento significativo de furtos de carteiras os martes de mañá, coincidindo co mercado semanal. Nas últimas semanas notouse un repunte importante, chegando a denunciarse ata catro ou cinco furtos nalgunha…

O Porriño celebra este venres o Desfile de Comparsas que fora aprazado pola choiva

A concellería de Cultura e Festexos, que dirixe Bienvenido Estévez, informa de que este venres celebrarase o Desfile de Comparsas de Entroido aprazado onte pola choiva. As comparsas sairán dende o Pavillón Municipal ás 19:30 h e completarán o percorrido habitual: Antonio Palacios, Avda. Domingo…

As nenas e nenos visten de Entroido O Porriño

O Entroido segue a encher de ledicia e cor as rúas do Porriño.  Despois do vistoso desfile do sábado, que congregou na vila a miles de persoas, continúa a programación deseñada pola concellería de Cultura, que dirixe Bienvenido Estévez. A proposta do Concello do Porriño…

Concello e COGAMI traballarán da man por un Porriño máis accesible e inclusivo

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Servizos Sociais e Benestar Social, Abel Estévez,  reuníronse esta semana cos directivos de COGAMI, Celso Álvarez e Ángel Holguera, para definir vías de colaboración entre ambas entidades. Os responsables municipais amosaron a súa vontade de…