O CRC acolle “Punto de Encontro”, a exposición dos traballos de `O Porriño ARTE´

O Círculo Recreativo Cultural acolleu onte a inauguración da mostra que recolle os traballos dos artistas da asociación O Porriño Arte. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acudiu onte ao acto inaugural da exposición “Punto de encuentro”, composta por 44 obras que acreditan o talento…

O Porriño despide aos nenos e nenas saharauís que pasaron o verán na vila

Onte despedimos a Nura, Yousuf, Sabrin, Nesrim, Mulay, Muna e Anija, os nenos e nenas saharauís que pasaron este verán no Porriño no marco do programa “Vacaciones en Paz”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, díxolles un ata pronto e desexoulles unha boa viaxe de volta ao…

Os gladiadores volven ao óvalo: XV Dirt Track Xacob Agra

O Velódromo Municipal do Porriño acollerá este sábado, 3 de setembro, o XV Dirt Track Xacob Agra. Como cada edición, o motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carrera noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía…

O Consorcio de Augas do Louro garantiza o subministro de auga potable con Eiras por debaixo do 40%

O Consorcio de Augas do Louro integrado polos concellos do Porriño, Mos, Salceda e Tui,  reuniu hoxe ao seu comité na ETAP dos Valos para que os representantes de todos as entidades que o conforman comprobaran de primeira man a autonomía da rede de abastecemento…

Tres patinadoras porriñesas proclámanse subcampioas do mundo

As porriñesas Sara Hernández, Marta Cabaleiro e Tania Expósito, do CPA Ribex, alzáronse coa prata na Copa do Mundo en Alemania, na categoría Grupos Show Grandes.   O seu exercicio “Obsession” quedouse so por detrás do dos italianos do Show Roller Team e o seu…

Licitadas as obras para dotar de beirarrúas e aparcamento a Fase I de Torneiros

O Concello do Porriño vén de pechar o prazo de presentación de ofertas da licitación do contrato para a dotación de beirarrúas no vial da Fase I de Torneiros, cun orzamento de licitación de máis de 81.000 euros, a fin de solventar os problemas de…