Pleno do mes de marzo no Concello do Porriño, este luns, día 19
O Concello do Porriño celebra este luns, día 19 , ás 14:00h-ás 2 da tarde- o seu Pleno Ordinario correspondente ao mes de marzo.
Cortes de tráfico no Porriño este domingo, día 18, pola disputa da Interrunning
Este domingo, día 18 de marzo, máis de 2.500 atletas disputarán no Porriño a 12ª Interrunning sobre varios percorridos de lonxitude, que van dos 10 quilómetros, na proba centras, pasando polo 5 quilómetros para os corredores que tomarán a saída na proba popular e circuitos…
Este domingo máis de 2.500 corredores tomarán a saída na 12ª Interrunning do Porriño
Máis de 2.500 corredores, dende cativas e cativos de 4 anos, ata atletas de elite tomarán a saída na 12ª edición da Interrunning do Porriño, que percorrerá as rúas do casco urbano dende as 10 da mañá deste domingo, día 18 de marzo. Na presentación…
A alcaldesa e o concelleiro de Industria transmiten aos membros da directiva da Comunidade de Montes de Atios que o Concello recorrerá a sentenza que declara comunais os terreos ocupados polas canteiras
O Concello recorrerá a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño que declara comunais os terreos de monte en Atios ocupados polas canteiras e outras explotacións industriais. Así transmitíronllo este mércores a alcaldesa, Eva García de la Torre, e o…
O Concello pon autobuses ás veciñas e veciños do Porriño que quieran acudir en Vigo á manifestación en Defensa das Pensións
Ata este xoves, día 15, ás 12:00 h., as veciñas e veciñas que quieran desprazarse a Vigo para asistir á manifestación convocada o sábado dia 17, ao mediodía, en Defensa das Pensións Públicas, poden reservar praza de autobús. O Concello falicitará o desprazamento a aquelas…
Este xoves, no Centro Cultural Municipal, organizada pola asociacción ‘Levada Libre’ e o Concello do Porriño, conferencia sobre os ‘Vigueses e Porriñeses nos campos de concentración nazis’
Organizadas pola asociación Levada Libre, coa colaboración do Concello do Porriño, este xoves, día 15 de marzo, ás 8 da tarde no Centro Cultural Municipal, rematan as xornadas da “Semana da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña”. As mesmas abrangueron actos, conferencias e…










