O deportista Daniel Fernández fai unha parada no Porriño na súa ruta de 180 quilómetros en bici, nun so día, para darlle visibilidade ao Alzheimer

Daniel Fernández Cerzón fixo unha parada este venres no Porriño na ruta que comezou hoxe e e que ten coma obxectivo darlle visibilidade ao Alzheimer e, ao tempo, recadar fondos para a Asociación Galega de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Afaga). O deportista de Gondomar,…

O Porriño di “non” á proposta de ADIF de “encaixar” o paso a nivel situado no centro do casco urbano

“Non”. Esa foi a resposta que deu a maioría da Corporación do Porriño, este xoves á directora xeral de Explotación e Construción de ADIF, Isabel Pardo de Vera, na xuntanza que mantivo no Concello coa alcaldesa, Eva García de la Torre, e os voceiros dos…

A alcaldesa e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, presiden a Xunta Local de Seguridade do Porriño

A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, presidiron este mércores a Xunta Local de Seguridade de O Porriño, unha xuntanza á que asistiron os concelleiros de Seguridade, Lourdes Moure, e de Tráfico, Orlando Márquez, e o…

A Policía Local informa dos cortes do tráfico e prohibicións para aparcar polas Festas do Cristo

A Policía Local informa de que co gallo das ‘Festas do Cristo’, procederase ao corte do tráfico rodado e non se permitirá estacionar en varias rúas do centro do Porriño. O venres, día 22: dende as 3 da tarde, non se poderá aparcar na rúa…

#FestasdoCristo, este martes, Antonio Serrano e o mércores, Cándido Pazó e a actuación de Xoana e MQM Band

Este martes, día 19, dentro da programación das ‘Festas do Cristo 2017’, ás 10 da noite, na Carpa do Roxy, actuación de Antonio Serrano e o mércores, día 20, no mesmo lugar, sesión dobre: ás 8 da tarde Cándido Pazó e o seu espectáculo de…

A directora xeral de ADIF estará o xoves en O Porriño para coñecer en persoa o problema do paso a nivel

A entrevista prevista para este luns en Madrid entre a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e a directora xeral de Explotación e Construción de Adif, Isabel Pardo de Vera, vén de quedar aprazada para o vindeiro xoves, día 21,data na que a…