A Concellería de Vías e Obras acomete a mellora de camiños en Pontellas que completan os traballos de saneamento realizados nesta mesma parroquia en febreiro

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, vén de acometer, con cargo á subvención do ‘Plan Marco 2018’, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a mellora de camiños na parroquia de Pontellas, unha vella reivindicación dos veciños da mesma…

Empeza un mes de xullo ateigado de actividades culturais coas Festas de San Benito e Porrigalia coma citas máis agardadas

Xa está en marcha o Programa Cultural Municipal deste mes de xullo que será especialemente intenso, pois ás actividades programadas dende a Concellería de Cultura, súmanse a celebración de 'Porrigalia', os días 20, 21 e 22, e as Festas de San Benito, os vindeiros días,…

@depo_es aproba novas achegas para O Porriño, por importe de 715.427€, dentro do ‘Plan Concellos 2018’

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas para o concello do Porriño dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”, por importe de  715.427,49€. Máis polo miúdo, o concello recibe por parte da Deputación unha achega de 463.007,15€ para…

O Concello inviste 15.000€ nas obras da cuberta e dos baños do CEIP de Atios que, lembra a alcaldesa, debería de facer a Xunta de Galicia

Coma sinalara a alcaldesa hai uns días, e dacordo co compromiso que adquirirá o pasado día 7 coa Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe de Atios, o Concello do Porriño iniciou xa as obras de mellora do tellado do centro que, subliña…

Os mellores pilotos de drons do panorama nacional e internacional, entre eles Álex Zamora, no Porriño esta fin de semana para disputar o ‘Campionato de España F3U’

O concelleiro de Deportes do Porriño, Manuel Carrera, e o presidente do Club Furaventos, Gerardo Martínez, presentaron este martes o ‘Campionato de España F3U’ e o ‘Campionato da Liga Galega de Drones’ que organiza o club porriñés por delegación de Real Federación Aeronáutica Española e…

O porriñés Ricardo Baz, campión de España de Jiu Jitsu no seu peso e bronce en ‘kimono’

O porriñés Ricardo Baz segue a darnos satisfacción despois de facerse co Campionato de España de Jiu Jitsu, acadando o ouro do seu peso (Nogui) e pendurándose o bronce en ‘kimono’. Baz, veciño de Atios, xa se fixera con dúas medallas no Campionato de Europa…