@carmelasilva e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asinan un convenio polo cal @depo_es achega máis de 400.000€ ao Concello para a mellora da mobilidade e seguridade da rúa Doantes de Sangue e a súa contorna

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, asinaron este luns pasado, no Pazo Provincial, un convenio de  de colaboración para a execución e financiación dun proxecto beneficiario do Plan de Remodelación e Mellora da…

Todo listo para o acendido do Alumeado de Nadal, este mércores, día 5, ás 8 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios

O Porriño ultima os últimos arranxos para o acendido do alumeado de Nadal, este mércores, día 5 de decembro, ás 8 e media da tarde, na Praza de Antonio Palacios, un acto que estará animada pola actuación de ‘As Maimiñas’. A alcaldesa, Eva García de…

Este luns, día 3 de decembro, queda aberta a inscrición para o 1º Concurso de Rondallas do Porriño

O Concello abrirá este luns, día 3 de decembro, e ata o vindeiro día 14, o prazo de inscrición no 1º Concurso de Rondallas Concello do Porriño que terá lugar o vinddeiro 1 de xaneiro de 2019. BASES DO I CONCURSO DE RONDALLAS Primeira.- A…

En marcha o ‘Programa de Nadal do Porriño’, que durará máis dun mes, e que abrangue actividades e propostas para todas as idades

Dende o día 1 de decembro ata o sábado 6 de xaneiro de 2019, o Concello do Porriño leva adiante un completo programa de Nadal que abrangue dende ‘Animación na rúa’, concertos, actividades para cativos, Flashmob, a tradicional ‘Pre-Festa Fin de Ano’ ou a Cabalgata…

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, absolta dos presuntos delitos que se lle imputaban polo exercicio da súa actividade profesional

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de ser absolta de todos os cargos que se presentaran contra ela polo exercicio da súa actividade profesional coma avogada. García de la Torre, que acudiu a xuizo o pasado día 22 de novembro, estaba…

A alcaldesa recolle en Oviedo o recoñecemento do Porriño coma ‘Cidade Amiga da Infancia’, outorgado por UNICEF

A alcaldesa, Eva García de la Torre, recibiu este martes o nomeamento do Porriño coma ‘Cidade Amiga da Infancia’, outorgado por UNICEF, nun acto celebrado no Pazo de Exposicións e Congresos de Oviedo. O Porriño é un dos 8 concellos de Galicia que vén de…